top of page

 

BIO

 

Actriz, cantante.


Licenciada en comunicación audiovisual na USC, especialidade en guión e dirección.

 

Graduada na escola de Artes e Oficios Mestre Mateo en Fotografía Artística e posteriormente en interpretación na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto.

 

Foi membro do Coro da Rá e actualmente, do Coro Encaixe, gañador do concurso televisivo Oh Happy Day! e dos Premios Martín Códax da Música no 2018.


É tamén integrante do grupo DE VACAS, galardoado nos Premios da Música Martín Códax en 2016 e premiado na II edición do Festival Territorio Violeta na Feria de Teatro de Ciudad Rodrigo no 2018.


Dende o 2006 vén estando vencellada coas artes escénicas en grupos universitarios como Enlata Teatro e posteriormente co-funda a compañía de teatro amador Farrapo Teatro, formando parte do espectáculo Frío, premiado no X Festival Internacional de Teatro Cale-se (portugal) ao Mellor Espectáculo, á Mellor dirección, ao Mellor espazo sonoro, ao Mellor vestiario e Mellor escenografía.

 

Actualmente traballa na compañía profesional

A FEROZ, coa que participa como actriz nos espectáculos Afterparty, Santa Inés e Do pracer e Da morte.

No 2020 e 2021 traballa como actriz no Centro Dramático Galego (CDG) na peza O Charco de Ulises.

INES_perfil_edited.jpg
bottom of page